Lembro da miña época no instituto o moito que me gustaba poñer a música de Barón Rojo a todo volume. En fin, aínda o fago. Así teño os tímpanos como os teño. E aínda sigo berrando iso de “mi rollo es el rock” con absoluto convencemento; igual de convencido de que os rockeiros iremos todos ao inferno pero que lle imos facer.
Hoxe leo en El País que despois de trinta anos de carreira deixan os concertos. En fin, ten a súa lóxica. Non van facerse vellos sobre un escenario e rachar a cadeira nun esforzo (como explicaba outro entrañable veterano como Miguel Ríos tamén no seu concerto de despedida).
Na entrevista que vos deixo, pregúntanlles por que non hai temas de amor na súa discografía, por que todo son temas sociais e de denuncia. Un deles fala de que case que todas foron escritas dende a mala hostia.
Eu díxeno tal que así na presentación da Coruña de In Vino Veritas cando expliquei por que é unha novela furiosa. Pensei se debía dicilo ou non. Logo, ceibeino: é unha novela escrita dende a mala hostia.
Hoxe, vendo que músicos que admiro e que sigo dende hai tantas décadas tamén escriben así, pois que queredes que vos diga, como que me fai sentir medio irmán deles, igual de rockeiro e disposto a seguir co meu rollo. Ese que me levará ao inferno.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.