menu Menú
ESCRIBIR PARA NON TOLEAR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 29, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
¿E QUE PASARÍA SE RAJOY LESE LITERATURA GALEGA? Anterior PRESENTACIÓN DE 'O SEGREDO DE MARCO POLO' NA CORUÑA Siguiente

Hai uns días lía unha entrevista con Chuck Palahniuk, ese señor da foto, onde declaraba que a literatura é o que o salvou da tolemia.

Os escritores reflexionamos moito sobre a nosa arte e, sobre todo, sobre o sentido da nosa arte. Queremos saber porque nos dedicamos a isto, por que non empregamos mellor o tempo, eu que sei, noutros asuntos máis produtivos economicamente. Á xente cústalle entender que sacrifiquemos tanto pola literatura: familia, horas de durmir, relacións sociais… Ademais, a escrita é un traballo contraditorio pois é unha actividade profundamente solitaria que, no fondo, procura un resultado que implique chegar a millóns de persoas. A cada un, a cada unha que lle preguntes, dirache que o fai por unha cousa distinta: está o tópico de para que me queiran máis, e hai outros, unha chea deles.

Eu direi que si, que como Chuck Palahniuk escribo para  non volverme tolo. Para sobrevivir. Para ser quen de estar no mundo. Para aturalo, que non para aturarme. Para ser quen de saír polas mañás a facer cousas normais de xente normal. Para manter a cabeza no meu sitio. Para sentir moito máis no medio desta realidade anestesiada. Para soportar. Para medrar. Para rir. Para tolear con elegancia e con estilo.

Escribo para ser feliz, si. Para ser un lúcido feliz. Ou para ser un tolo inconsciente.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar