menu Menu
ESCURO, INVISIBLE E CASE NEGRO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 2, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
DE QUE LIBRO APRENDICHES ALGO E QUE Anterior ESE PRACER INOCENTE PERO MARABILLOSO DE ACUMULAR LIBROS E LIBROS... Seguinte

tv

Protestar protestamos. E agora toca retirar as protestas porque o programa Libro Aberto segue en antena. Rectificar é de sabios e, xa que logo, retiro todo o dito, fago promesa de enmenda e, incluso, pido perdón. Pero moito antes, aló polo 2006 (deume tempo a cambiar de blogue tres veces) xa chamaramos a atención sobre o alucinante que era que ese programa fose sempre de madrugada e entre semana. Nunca a unha hora normal. A esa hora normal, Luar. O programa de libros, non.

Gusto de Libro Aberto, paréceme un bo programa de televisión sobre libros. Laieime pola súa desaparición e alégrome pola súa volta. E como xa contamos moitas veces, é o programa de libros con máis audiencia de todo o Estado, máis, incluso, que o programa de La 2 que vai un domingo a media tarde.

Así pois, non acabo de entender como é posible que despois de case que cinco anos en antena, con tantas e tantas críticas no mesmo sentido pola miseria de horario ao que se lle confina, os responsables da TVG segan teimando en facer do libro galego algo escuro, invisible e case que negro.

(As dúas últimas emisións foron, na madrugada do martes, á 1.57 e ás 2.03)


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar