menu Menú
ESE CHICO QUE HABLA GALLEGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 21, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
FACER DA CULTURA GALEGA UNHA MARCA Anterior AMOR E HUMOR Siguiente


Este serán pasoume algo que demostra á perfección o estado de anormalidade no que vivimos nesta Galicia nosa.
Chamei a unha tenda para informar de que un produto que mercara estaba defectuoso. Preguntei pola dependenta, á que coñezo de hai moitos anos. Atendeume outra rapaza que me dixo que non podía poñerse, que estaba atendendo a uns clientes e que chamara «nun ratiño», así o dixo, co agarimoso diminutivo noso. A frase completa foi: «ahora no puede ponerse que está con unos clientes, pero llámala en un ratiño». Dei as grazas e, pasado o ratiño ( media hora ), volvín chamar e volveu collerme ela. «Si, ahora se pone». Chamouna. E escoitei con toda claridade: «Es un chico que ya llamó antes. Habla en gallego».
Non fixo referencia á miña voz melodiosa. Non fixo referencia á sensualidade que transmito polo teléfono. Non fixo referencia a que era un cliente. O que lle pareceu digno de destacar é que es un chico que habla en gallego.
Carafio. En Galicia. O que sería destacable sería: es un chico que habla en japonés, poño por caso.
Iso: a anormalidade.
O chico que habla en gallego é, en Galicia, raro.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar