Sei que rematarei tendo un ebook. De feito, deféndoos, aínda que teña moi claro que non van acabar co libro. Convivirán os dous soportes. Como pasa en tantas outras cousas. E teremos que ver o xeito de facelos interesantes, útiles e seductores.
Leo que o kindle, ou o que é o mesmo, o modelo que está chamado – de momento, lembrade o sistema beta dos videos – a reinar no mercado, pode acumular ata 3500 títulos. Por suposto é, obxectivamente falando, un grande avance. Leremos e levaremos con nós moitísimas palabras en forma de novelas, poemas, xornais enteiros, etc…
Como negarse a algo así de fermoso.
Sen embargo, algo botaremos de menos cando chegue o futuro. Que xa está aí, chamando por nós. Algo que ás xeracións que veñen por detrás vai custarlles entender. Refírome ao pracer, inmenso, que sentimos vendo a nosa biblioteca, medrando ano a ano, aumentando e crecendo.
Queremos ver os nosos 3500 volumes na nosa biblioteca. Ocupan un mundo. Pero dan tamén un pracer inmenso.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.