menu Menú
ESE PRACER INOCENTE PERO MARABILLOSO DE ACUMULAR LIBROS E LIBROS...
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en octubre 1, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
ESCURO, INVISIBLE E CASE NEGRO Anterior HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 9 Siguiente

libros

Sei que rematarei tendo un ebook. De feito, deféndoos, aínda que teña moi claro que non van acabar co libro. Convivirán os dous soportes. Como pasa en tantas outras cousas. E teremos que ver o xeito de facelos interesantes, útiles e seductores.

Leo que o kindle, ou o que é o mesmo, o modelo que está chamado – de momento, lembrade o sistema beta dos videos – a reinar no mercado, pode acumular ata 3500 títulos. Por suposto é, obxectivamente falando, un grande avance. Leremos e levaremos con nós moitísimas palabras en forma de novelas, poemas, xornais enteiros, etc…

Como negarse a algo así de fermoso.

Sen embargo, algo botaremos de menos cando chegue o futuro. Que xa está aí, chamando por nós. Algo que ás xeracións que veñen por detrás vai custarlles entender. Refírome ao pracer, inmenso, que sentimos vendo a nosa biblioteca, medrando ano a ano, aumentando e crecendo.

Queremos ver os nosos 3500 volumes na nosa biblioteca. Ocupan un mundo. Pero dan tamén un pracer inmenso.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar