menu Menu
Españois sen  libros
O 38,2 % dos españois non le nunca ou case que nunca
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 30, 2019 0 Comentarios 1 min lectura
BOAS (E SORPRENDENTES) E MALAS NOVAS PARA O LIBRO DIXITAL Anterior IRIDIUM sairá en maio en tres novos idiomas Seguinte

Máis unha vez  fíxose público o Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros 2018. En vindeiras entregas irei comentando os aspectos que me parecen máis salientables dun informe que, ano tras ano, non nos dá motivos para a ledicia.

Para empezar por algures, e aínda que hai datos positivos (o número de lectoras e lectores en tempo libre alcanza o 61.8% da poboación, e medran os que len frecuentemente ata o 49.3%) hai un importante 38.2% que ou non le nunca ou case que nunca. Unha cantidade notable que debe facernos reflexionar sobre a saúde do país pois, e non é por soltar un topicazo, un país onde case catro de cada dez habitantes non le é un país cun déficit importante e que ten un problema.

Ademais, en España, a media de horas semanais dedicadas á lectura (da xente que le) anda polas 7.6 horas á semana, mentres que noutros países, sobre todo os asiáticos coma India, Tailandia ou China, chegan ás 11 horas semanais de lectura.

E por certo, nos postos de cola dese ranking mundial, están os Estados Unidos de América. Igual por iso gañou Trump.

lectura


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar