menu Menú
ESTE VENRES RECITAREI EN VIGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 9, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Hai un mar Anterior E como imaxinas que estará a lingua galega dentro de 50 anos? Siguiente

Este venres, ás 20 horas, na Casa Galega da Cultura e convidado por esa grande entre as grandes que é María do Carmo Kruckenberg, estarei recitando uns poemas que hai un par de anos escribín co gallo do nacemento da miña filla pequena e que saíron publicados nuns singulares libros de poesía que edita coordenados por Carmo, Comisións Obreiras e no que teñen participado poetas tan interesantes como Luz Pozo Garza ou Dores Tembrás. Logo de dez anos esa colección de libros chega á súa fin e o venres Carmo quere facer unha especie de despedida. Só recitarán, coma sempre, mulleres. E como noutras excepcións, eu serei o único home afortunado.

Espero vervos a todas e a todos.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar