menu Menu
ESTE VENRES RECITO EN VIGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 11, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
FACER POLÍTICA EN BÓLAS (UN POST SERIO E POSTMODERNO) Anterior ¿CAL É O NOME DE LUGAR MÁIS BONITO QUE COÑECES? Seguinte

Xa o ano pasado, esa marabilla de poeta e de muller que é María do Carmo Kruckenberg cometeu a inconsciencia de convidarme a recitar poemas meus co gallo do Día Internacional da Muller. Escribín cinco que saíron nun volume titulado Elas.

Mañá volveremos á Casa Galega da Cultura de Vigo, a partir das oito, para recitar poemas pero, sobre todo, para gozar do recitado dos de Dores Tembrás, a propia María do Carmo, Lino Braxe e Pilar Pallarés.

Estades todos convidados. Lerei tres de amor e un que escribín hai moito tempo e que me apetece moitísimo volver recitar.

Vémonos alí.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar