menu Menu
ESVARANDO POLA BURBULLA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Decembro 4, 2006 0 Comentarios 1 min lectura
O GREMIO DOS LUNÁTICOS Anterior DEMOSTRACIÓN DE QUE NON HAI FAME NO MUNDO Seguinte


Para a revista Infoxove escribín un artigo titulado Esvarando pola burbulla ( se o queredes ler, tendes que ir á páxina 15 deste documento en PDF .
No básico manteño que a burbulla inmobiliaria estoupará cando os moz@s decidan que estoupe. É dicir: ¿que pasaría se de verdade todos decidiran non mercar pisos, non asinar hipotecas, non entrar no xogo do ladrillo?
A Burbulla das Burbullas pode ser pinchada. E rebentará cando a xente decida, como pasa case que sempre, que non vai entrar polo aro.
A revista chegoume a casa o venres. E pensaba: ¿non me pasaría de utópico?, ¿non estarei falando por falar?
O domingo, nun suplemento, leo que os mozos xa están organizándose coa intención clara de facerlle entender ao resto da mocidade que hai que rebentar a burbulla inmobiliaria. Coidan, e con razón, que non é presentable que con máis de 30 anos segan a vivir na casa dos pais, que non é presentable que haxa que hipotecarse ata o tempo mesmo da xubilación.
O ladrillo é o gran negocio dos nosos días. Non sei por que me fixen escritor. Tiña que terme feito constructor. E facer pisos. Non libros.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar