menu Menú
EU QUERÍA ESCRIBIR COMO GULUBÚ
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 10, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (10) Anterior ¿DE QUE DEBERÍA HABER UN MINISTERIO? Siguiente


Cun mes de retraso recibo a nova do pasamento de María Elena Walsh, a xenial cantante arxentina autora de poemas que musicou e cantou ela mesma e medio mundo.
E chega a nova triste, e póñome a pensar en min, que escribo novelas das que se ten celebrado (a xente é xenerosa) a súa complexidade formal, ou a pluralidade de voces, ou a presenza dun narrador que anda por aí polo medio, como un personaxe máis. E non sei que. E penso en min, ensarillado agora nunha novela coral na que vou meter, tranquilamente, tres anos, a saúde, as horas de insomnio e todo o demais.
E véñenme aos miolos a sinxeleza marabillosa e dificilísima dos poemas de María Elena Walsh, como este Brujito que vos deixo aquí, ou La Mona Jacinta. En aparencia sinxelas. En aparencia simples. Porque é dificilísimo facelo así e non ser cursi.
E penso que, despois de todo, eu o que quería era que me saísen textos como os do brujito de Gulubú.
E que non vou ser quen.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar