menu Menu
EU QUERO SER AZNAR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 12, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
O MEU RELATO PORNOGRÁFICO Anterior A XENTE CULTA SI QUE FALA GALEGO Seguinte

Eu quero ser Aznar.

Un dos traballos que dende hai moito tempo asumimos todos aqueles que queremos entender o noso traballo de escritores como un traballo profesional, é cobrar polo que facemos. Igual é politicamente incorrecto escribilo con tanta crueza, pero si Messi cobra por facer o seu, eu tamén. E digo isto ao tempo que sinalo que os que nos movemos no mundo da cultura facemos moitísimas cousas ao longo do ano pola que só recibimos afecto, aplausos e, en non poucas ocasións, incomprensións e críticas.

Eu quero ser Aznar.

Pero en fin, que non é disto do que quero falar que vou parecer un peseteiro e eu, a verdade, como que paso moito do asunto. Do que quero falar en realidade é desa nova, que me ten impactado dende primeira hora da mañá que a escoitei, de que o ilustre declarador de guerras cobra por cada conferencia 36.000 euros. Para gañar iso, un escritor ou escritora galega, barallando as tarifas medias, tería que dar unhas 120 conferencias.

Si, sen dúbidas, eu quero ser Aznar.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar