Seica se reuniron os nobres galegos ( o resto, os non convidados, seica somos menos nobres ou innobres ) para formar unha asociación ou algo así.
Condes, duques e marqueses con moitíííííííísimos apelidos, que falan do antiquíííííííísimas que son as súas casas e do importantííííííísimo do seu abolengo.
A pregunta, xa falando máis en serio, sería como é posible que nun estado democrático no século XXI que parte dunha Constitución onde se fala da igualdade entre todos e todas, poida haber, nese mesmo estado democrático no século XXI, condes, duques e marqueses e outros títulos nobiliarios varios que se herdan, a demais, só pola parte do varón ( róncalle o nabo! ).
E outra pregunta final – xa falando menos en serio ou totalmente en serio – se esa xente ten o título que ten porque o recibiron dos seus antergos, está claro que algún devanceiro (probablemente un fulano afeito a cargarse a espadazos a outros e a mandar sobre os seus servos, etc… ), dicía que está claro que algún antergo dos nobres moi nobres asociados de hoxe en día foi o primeiro que obtivo o título de conde, duque ou marqués.
Xa que logo, e para que non haxa agravio comparativo, ¿por que non podo ser eu o Primeiro Duque de Teis, o meu barrio en Vigo?, ¿eh, por que non?, ¿por que eles si e eu non?
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.