Hoxe escoitei dúas cousas curiosas na radio: por unha banda, que nun blog sobre fútbol, no que se debatía o apaixonante tema acerca de quen é mellor, se Benzema ou Higüain (espero que estea ben escritos eses nomes), había como 1400 comentarios. Carallo, pensei, hai que escribir de fútbol para que un blog triunfe. Acto seguido, escoitei tamén que o seleccionador francés non leva a non sei quen ‘porque é Escorpio’.
Daquela, enfiei as dúas novas: xa está, eu son Escorpio. E hoxe falarei de fútbol.
Non coñezo moitos escorpios. E os que coñezo son ben distintos a min. E de feito, non creo para nada nisto da astroloxía. Érache boa. Eu quero ser ceibo e négome a que pola posición que tiñan unhas bólas inertes que andan a dar voltas polo espazo no intre no que asomei a cachola xa estea condenado a ser dunha ou doutra maneira. Iso que as descricións que se fan dos Escorpio sempre molan moito. Resumindo: os peores enemigos, pero os mellores amantes. Ou sexa, uns tipos caralludos, seica.
Daquela, fai mal o seleccionador francés en non levalos.
E obxectivo cumprido: falei de fútbol neste blog. Ou do zodíaco. Ou eu que sei de que falei.
Espero subir dos 1400 comentarios.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.