menu Menú
EU SON IDIOTA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 12, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
O PP, O FRANQUISMO E A CENSURA Anterior A IGREXA PERMITIU QUE ROUBARAN O CÓDICE Siguiente

Definín In Vino Veritas como unha novela furiosa. Por moitos motivos pero, sobre todo, polo que está pasando coa televisión, que tanto ben podería facer por  nós e que, sen embargo, colabora na idiocia colectiva.

Aínda que probablemente o idiota son eu.

Porque veño de saber que Belén Esteban cobra 1.200.000 euros ao ano. A saber: polo seu traballo en Telecinco, aredor de 800.000 euros, polas súas entrevistas e exclusivas na revista Lecturas, uns 100.000 euros e polas súas campañas publicitarias, uns 300.000 euros.

Botei contas para saber cantos libros tería que vender para gañar un terzo do que ela nun ano. E son tantos centos de miles que me dá vergonza escribilo aquí.

Daquela, dúas conclusións:

1. son idiota (por ser escritor, érame mellor ser famoso e vivir da entreperna).

2. sego furioso (así que igual fixen ben escribindo esa novela).


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar