menu Menu
EU TAMÉN QUERO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Decembro 12, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
SEPARAR LINGUA E LITERATURA Anterior LECTURAS DE OUTONO: O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR Seguinte


Polo xeral non me tomo a molestia de ler os premios Planeta. Sen embargo, sospeito que este ano si que lerei o libro de Juan José Millás. Linlle moitas obras no pasado e aínda no verán gocei moito co seu libro Cuentos de adúlteros desorientados.
Vén hoxe aquí por algunhas das respostas que concedeu nunha entrevista, falando de moitas cousas, entre outras, de como traballa:
Pregúntanlle sobre como é un día normal na súa vida de escritor. De seguido, a resposta. E aproveito para dicir que tamén quero para min días normais así:
Madrugo mucho, trabajo hasta las ocho y media. Doy un paseo, compro los periódicos, los leo y sigo trabajando hasta la hora de comer. Dedico la tarde a la lectura.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar