menu Menu
EU VIVO NUN SUBMARINO AMARELO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 19, 2012 0 Comentarios 1 min lectura
A CULPA DO QUE NOS PASA É SÓ NOSA Anterior FRAGA E CELA Seguinte

 

Hai uns días cumpríronse 43 anos da estrea da película de debuxos animados Yellow Submarine, dos Beatles. Tanto tempo despois, a fita aparécesenos coma unha postal dunha época, a da psicodelia, bastante máis interesante, dende todos os puntos de vista e en moitos sentidos, que a actual.
Neste tempo noso, que pide realismo, e tecnócratas, no 68 outros andaban pedindo a revolución e proclamando que outra realidade era posible. Para iso había que atreverse a subirse nun submarino cheo de amigos dispostos a, en efecto, revolucionarse e soñar outro mundo.
A película é simplísima na súa mensaxe: aos malos non lles gusta que sexamos felices; daquela, o que cumpre é cantar, amarse e, sobre todo, soñar con máis forza.
Loxico que o hippismo, a contracultura e as utopías (esas que tanto odiaba Fraga, en especial as do 68; así o expresou moitas veces, a súa repugnancia polo sesentaiochismo) atopasen sempre nesta película unha fonte grande de inspiración.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar