menu Menu
EXEMPLOS A SEGUIR?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Abril 3, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
ERRE QUE ERRE Anterior HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 4 Seguinte


Hai uns días comentei aquí parte dun interesante artigo de Rosa Olivares.
Daquela manifestei a miña concordancia coa visión pésima que en xeral, Disney, ten dado dos clásicos da literatura infantil.
Hoxe quero retomalo porque nese traballo, a escritora e editora, reflexionando sobre a literatura para os pequechos, dicía, e non podo por máis que coincidir, que mentres que antes os modelos que se planteaban desde a literatura podían servir para a vida, hoxe, no contexto de fugacidade veloz e de pensamento feble no que vivimos, os referentes de imitación do comportamento son os tipos de éxito da tele, do deporte, dos reallitys, do famoseo ( a da foto é Paris Hilton que segundo escoito por aí, marca tendencias ).
A súa frase definitiva é esta: Si el valor, la inteligencia, la inocencia tienen hoy su reencarnación en personajes del cine o del deporte, tenemos una sociedad enferma y nuestra cultura empieza claramente a desaparecer.
A cousa é interesante e é unha boa pregunta para nos facer: a quen queriamos parecernos hai uns anos e a quen queren parecerse as rapazas e rapaces de hoxe en día.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar