Nunha interesante entrevista no Xornal de hoxe o expresidente da Xunta de Galicia Fernando González Laxe comenta que as dúas únicas marcas galegas que se coñecen fóra son INDITEX e o Dépor.
Co primeiro exemplo pode ser que si. O segundo xa é máis relativo. Mais o que importa é que sinala que outras marcas que habería que potenciar serían Galicia como unha potencia loxística ( por cuestións xeográficas ) e a investigación.
Vale.
¿Pero por que non a cultura galega como unha marca para que se nos recoñeza?
¿Ou en que pensamos cando pensamos en Irlanda, por poñer un exemplo? Eire é un caso clarísimo de boa xestión da cultura propia como creadora de valor, tamén, económico.
Igual había que pensalo.
Porque temos unha cultura propia, diferente ao resto do Estado e ao resto de Europa, con características de seu máis que atractivas. ¿Por que non potencialas, tamén, como marca diferenciadora e singular?, ¿por que non como produto que todos os de fóra deben coñecer e consumir?
¿Ou debemos pensar que os nosos políticos e as nosas políticas non cren nese valor do noso e é por iso polo que non apostan por este país como exportador, tamén, de capital simbólico e cultural?
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.