menu Menú
FACERSE A CIRURXÍA LINGÜÍSTICO-ESTÉTICA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 28, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
CUNQUEIRO ENTRE COLECTORES DE LIXO Anterior O MEU TESOURO Siguiente

Escoito, con abraio, con incredulidade, con alucine, con vergonza, con carraxe, con medo, que en España de cada vez se dán máis casos de inmigrantes que se operan para «parecer máis europeos».
A cousa, en si mesma, é triste.
E calquera persoa que teña dúas neuronas e lle funcionen estará de acordo comigo en que o asunto dá mágoa e que é terrible que a xente renuncie á súa identidade, que non sinta orgullo de ser quen é, da súa orixe, da súa patria sentimental, étnica, cultural.
Vale.
Agora apliquen todo o anterior ao asunto lingüístico, en especial, a aqueles que rexeitan o galego ou o acento de nós e pretenden falar como os señoritos de Madrid.
Despois, respondan: ¿a que ou a quen quererán parecerse?, ¿coidarán que son feos, que están peor feitos, que falan máis bruto?


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar