menu Menu
Falamos de igualdade con Kim Llobet, a través da novela de Francisco Castro, "O cemiterio de barcos"
Entrevista en Radio Estrada o 4/11/2021
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Sala de prensa en Novembro 5, 2021 0 Comentarios 1 min lectura
Non quero ser equidistante Anterior A xuízo aos 96 anos Seguinte

A Asociación Igualdade e Mulleres da Estrada achéganos diferentes proxectos e novas relacionados coa igualdade.

Hoxe falamos con Francisco Castro Veloso, escritor do libro “O cemiterio de barcos” Unha novela de iniciación, aventuras e misterio que atrapará a lectores de todas as idades. E na que Lucía, a protagonista, vén de saír dunha relación tóxica e violenta.

🔊”Lucía que é a rapaza protagonista está atrapada nunha relación tóxica, ela non se decata, ao principio de que todo ese mundo controlador ao que a ten sometida o seu noivo é algo nocivo “.

🔊”Hai unha chea de rapazas e rapaces que consideran que controlar o móbil da parella é un xesto de amor, cando en realidade é un acto violento”.

🔊”Unha das grandes leccións do libro é que se pode ser home doutras maneiras, non hai porque ser home dende a testosterona, a violencia ou a imposición… Hai outras maneiras de ser home”.

A entrevista completa, aquí.

editorial galaxia o cemiterio de barcos


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar