Nun par de semanas xuntarémonos na Fundación Luis Seoane da Coruña, editores das linguas catalá, éuscaro e galego no Galeúsca que, cada dous anos, nos leva a falarmos e aprendermos os uns dos outros, a partir das nosas experiencias como editoras e editores. Como hai dous anos en Valencia, fun convidado pola organización a falar dun asunto que me gusta especialmente e no que levo traballando ben de anos, agora, tamén, dende a Editorial Galaxia, como é a promoción da lectura.
Concretamente, falarei de retos lectores. Na Editorial Galaxia levamos dous anos planteándoos e con grande éxito, ademais.
Nas xornadas participarán voces interesantes coma Iria Pinheiro e María Lado (responsables do espectáculo de poesía escénica, Uralita), Manel Romero, Höckan Casares, Xosé Ballesteros, Joan Sala, Silvia Bello, Montse Ayats, Belén López, África Ramírez ou Reina Duarte, entre outras moitas e moitos.
Coma sempre, será un pracer aprender das compañeiras e compañeiros destes países irmáns.
O programa completo pode descargarse aquí.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.