menu Menu
FANNY AGUIRRE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 17, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
COMO MUDARON OS TEMPOS Anterior O INSTINTO BÁSICO DA DOCUMENTACIÓN Seguinte

Seica Esperanza Aguirre conseguiu que Telemadrid non emitira as imaxes nas que, digamos, perdía os nervios diante dunhas manifestantes o outro día. Deulle – din – por censurar ( probablemente os xornalistas desa súa canle soportan a peor das censuras: a autocensura ou a censura preventiva ) e o que conseguiu, precisamente, foi que todas as canles e sobre todo a Rede, reproducisen as imaxes por todas partes e todo o tempo.
Os políticos, polo xeral, cando meten a gamba, son así de torpes.
Igualiño que a portada famosa de El Jueves de aí atrás.
Ben mirado, se cadra o que un precisa é que lle censuren un libro para vendelo a eito.
De feito, no seu día e hai moito tempo, John Cleland, un autor de clase alta pero caído na desgraza do cárcere, escribiu desde alí Fanny Hill, unha obra considerada polémica ( desde o cárcere tamén escribía obras subidas de ton o Marques de Sade, non sei que terá a prisión para a inspiración ). Cando por fin o soltaron, a pouco máis méteno de novo pola noveliña en cuestión. Non lle quedou outra, para non volver a presidio, que renegar dela, e, de feito, escribiu unha versión, digamos, decente. A oficial fora prohibida por obscena.
Adiviñen cal era a que, en edicións pirata, vendíase e vendíase e vendíase.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar