Pasei o serán facendo o que máis me gusta facer: no parque coa miña pequecha. Aí escoitei unha frase impresionante que non podo deixar de traervos aquí.
A nai dunha, digamos, “nena un chisco inqueda” (sobre todo tendo en conta que a nai pretendía que a pequena estivese sentada canda ela nun banco, ¡no parque!) dicíalle á súa nai, é dicir, á avoa da cativa: que ganas tengo de sacarle el pañal.
Claro, pensei eu, isto é algo que todos desexamos.
A avoa preguntou: ¿e logo?
A resposta da nai é toda unha declaración de fe no futuro: para que cuando le de una trisca en el culo le duela de verdad.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.