menu Menú
FE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en octubre 8, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
A MIÑA CRÓNICA DO GALEÚSCA Anterior DOUS DÍAS DE POESÍA Siguiente

rapazalendo

Velaquí vos deixo o poema que saíu publicado na revista cubana Extramuros.

Pretende ser un poema de amor.

FE

Sei que volverei nacer

sei que volverei atoparme contigo

sei que serei

póla ra árbore mar licuado

nube lixo de po no teu pelo

o riso dese neno

a esponxa que pasarás polas costas cando eu xa non sexa.

Sei que volverei nacer

sei que volverei atoparme contigo

sei que serei

folla simple ameba básica

feixe de luz morta no cristal opaco doutras bocas

araña feblísima delgada hélice de adn

que vai perseguirte remota polos séculos dos séculos amén.

Sei que volverei nacer

sei que volverei atoparme contigo

sei que serei

xemido nos teus partos

fluxos da vida que imos semiando

inconscientes e namorados por aí

coma galaxias que baten a anos luz dunha terra ilusionada.

Cando volva nacer

cando volva atoparme contigo

daquela serei.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar