menu Menu
Fecernos oír: investir máis en cultura
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 1, 2017 0 Comentarios 1 min lectura
O 82 % DOS NENOS E NENAS DE GALICIA NON APRENDEN A FALAR EN GALEGO Anterior Pido respecto! Seguinte

Montar un autobús só para insultar, para culpabilizar, para ferir a un colectivo, xa é miserable, indecente e propio de malas persoas. Non de persoas trabucadas ou fanalitazas ou non sei que. É de malas persoas. De mala xente. Defender as túas ideas, incluso con vehemencia, pode ter un pase. Pero iniciar accións para afundir, amolar, facer dano e esnaquizar, iso é de mala xente. Punto pelota.

Dito isto, cómpre salientar que o autobús de Hazte Oír só é unha manifestación máis da fornada violenta de extremismo ultradereitoso que estamos a aturar en Europa e na cultura occidental en xeral. Trump en Estados Unidos. Os nazis (nada de “neonazis”, son os de sempre) acadando cada vez máis cotas de poder nunha Europa que sigue tan feliz ollando para outra parte. Os tribunais españois mantendo o mausoleo de homenaxe a Franco no Valle dos Caídos (onte botaron abaixo a petición de Garzón para que se clausurase e se convertise noutra cousa máis lóxica, aplicando esa Lei da Memoria Histórica que o PP ten paralizada porque claro, é meterse cos seus avós)…

Fronte disto, é urxente que a Unión Europea, que ten un problema do 15 (e sempre o digo, o problema non é a inmigración ilegal; o problema é a intolerancia), debe apoiar máis á cultura, á educación, á edición, á música. En defintiva, á beleza e a todo iso que nos volve máis sensibles, tolerantes e, en resumo, humanos.

Porque veñen os bárbaros. E veñen para acabar con todo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar