Vén de saír un libro de Rafael Inglada, un investigador malagueño especialista en Lorca, no que publica textos inéditos do poeta referidos a manifestos, cartas, e actos públicos de compromiso cultural, político ou social, no que o autor participou.
Entre outros, apareceu unha carta que el asina, canda outros intelectuais da época, en marzo de 1934 dirixida a Primo de Rivera e na que, literalmente, e falando sobre os ataques que recibía o catalán a causa dunhas medidas tomadas polo goberno, dise:
“Es el idioma la expresión más íntima y característica de la espiritualidad de un pueblo, y nosotros ante el temor de que esas disposiciones puedan haber herido la sensibilidad del pueblo catalán, siendo en el futuro un motivo de rencores imposible de salvar, queremos con un gesto afirmar a los escritores de Cataluña la seguridad de nuestra admiración y respeto por el idioma hermano”.
Hoxe, outro Rivera, Albert, lidera un partido que fai do españolismo lingüístico un dos seus sinais de identidade, declarando, por exemplo, que non entenden por que para traballar como funcionario en Galicia haxa que saber galego. E todo o demais que xa sabedes sobre o seu pensamento (é un falar) relacionado con todo o que non sexa o español, o español e o español. Son patriotas que non se enteran de que niso que eles chaman a patria española fálanse, polo menos, catro idiomas. Xa sabedes o discurso mentireiro e totalitario: o español está perseguido en Cataluña, Euskadi e Galicia.
Lorca tiñao moito máis claro que Rivera, que Albert e que o Primo de. Por iso escribiu, como sabedes, tamén en galego.
Nesa lingua que estes bos ciudadanos queren perseguir.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.