Que son un músico frustrado xa o dixen moitas veces. E a música xoga unha parte moi importante da miña vida. A todas horas. Traballo con música. Conduzo con ela. Cando estou preocupado canto, e os males espanto. En fin…
Por iso sempre me parece moi interesante, para coñecer á xente, saber que clase de música é a que escoitan e pola que suspiran. Teño levado grandes sorpresas, porque atopo xente radicalmente distinta no pensamento a min coa que, sen embargo, podería ter interesantes conversas sobre as mesmas filias musicais. E iso, se o pensades ben, é algo marabilloso. Por exemplo, a recua dos beatlemaníacos fai que políticos cos que non comparto nin medio pensamento, pertenzan á miña mesma tribu musical.
Hoxe, nunha entrevista que lin dun dominical co presidente da Xunta, confesa que é un fan confeso de Luis Eduardo Aute e dos Dire Straits. Eu teño toda a discografía de ambos os dous.
Iso. A milagre da música.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.