menu Menu
FILL@S DA TELEVISIÓN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 9, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
INTOLERABLE Anterior PREFIRO ÁS PERSOAS Seguinte


Hai uns meses fixen aquí unha reflexión arredor do influxo, poderoso, da televisión no noso xeito de narrar. Perdoádeme se me poño en plan Cuéntame como pasó, pero son capaz de evocarme a min mesmo, moi pequerrecho, diante do televisor. Xa que logo, ese xeito de narrar está na miña xeración queiramos ou non. No artigo citado sinalaba eu que nuns anos veremos como lle influíu aos que escriban detrás de nós tanta videoconsola ( que tamén teñen, as historias coas que xogan, os seus argumentos, os seus personaxes, os seus ritmos narrativos, etc… ).
Agora, atopo esta reportaxe do suplemento de El País na que, dalgunha maneira dise o mesmo pero desde a outra banda: os grandes contadores de historias, agora, son os que escriben House, e as demais series que triunfan en todas as teles.
Ruíz Zafón é categórico: “sin duda, Dumas o Dickens estarían hoy en televisión”


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar