Pois sabido é que no mes de Maio os escritores en lingua galega andamos así como que sobrepasados por tanta cousa como temos que facer, requeridos en moitos lugares.
E iso está moi ben.
E para ordear o tráfico, velaquí un resumo do vindeiro. Agradézovos a todos a vosa presenza e espero que poidamos parolar de vagar nalgunha destas citas.
Empezamos por este domingo. Na Guarda, a partires das seis da tarde, estarei asinando exemplares dos meus libros. O Concello celebra a Feira do Libro Letras Galegas 2012.
Logo, o martes da semana vindeira, ás 18 horas andarei pola Biblioteca Ágora da Coruña, para presentar Chamádeme Simbad dentro do ciclo de actividades organizado polas bibliotecas municipais da cidade para conmemorar o 2012 Ano Galego do Alzhéimer. Estarei acompañado por Eva Vieites, bibliotecaria, e a directora da Biblioteca Ágora, Cristina Ameijeiras.
E dous días despois, o xoves, en Sargadelos, en Pontevedra, Fina Casalderrey e eu presentaremos, ás 20 horas, O neno can, o noso libro en favor de UNICEF.
Seguiremos informando.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.