menu Menu
FOMENTAR DE VERDADE A LECTURA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Abril 7, 2011 0 Comentarios 2 min lectura
Bendita monotonía Anterior 'CHAMÁDEME SIMBAD', PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO Seguinte

De sempre fun moi crítico cos Programas de Fomento da Lectura. Pero ollo, coido que hai que investir neste tipo de programas. Mais non nos que se fan decote. Están ben os contacontos animadores autobuses con citas cartelería anuncios na tele… todas esas cousas que sempre insisten no obvio (un libro é un amigo) e que, coido, só motivan aos que xa estamos motivados. Non direi que se acabe con iso. Direi só que non é dabondo.

Levo anos dicindo que, se de verdade queremos fomentar a lectura onde cómpre traballar é nasa casas, fomentando (esa é a previa) o concepto esencial de que se os nosos cativos e cativas nos ven ler, daquela, serán lectores. Porque nada empatiza máis que facermos cousas xuntos pais, nais, fillos, fillas. Se xogo ao balón con el ou con ela, se invisto o meu tempo con el ou con ela, para algo divertido como xogar ao balón, por seguir co exemplo, daquela probablemente en canto teña medio segundo, a crianza collerá o balón para me dicir, “xogamos, papá?”

O mesmo vale para a lectura, sen dúbida ningunha. Se dende que é bebé meto horas, todas as semanas, en lerlle, en que escoite a miña voz modulando o que falan os distintos personaxes, levándoo ás librerías para que fedelle por alí e colla os libros que lle chamen a atención… daquela é máis que probable que ese hábito lector pase a formar parte do que máis e mellor nos fideliza con calquera cousa, que é sempre a fidelización a través do corazón.

Igual había que gastar menos cartos en grandes rimbombancias e insistir no ámbito doméstico.

Igual é así que se fai…


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar