Aínda non tiven ocasión de ilo ver, pero prometo ir en canto poida.
Unha miña sobriña comentoume que foi ver a miña orla, a que está na Facultade de Filosofía de Santiago dende hai xa moito tempo. Sei que estou rodeado de mozas guapas por arriba, por abaixo e polos lados. Chámenlle curiosidade. Ou non. E que luzo unha barba que hoxe non me deixaría así me prometeran retirar o Decretazo de a deixar. Tal un talibán deses perigosos que meten en Guantánamo.
Pero o que importa é o que ela me contou: que se me caeu o nome. Que o único que queda é FR. É dicir, desapareceu ancisco Castro.
Daquela, si que é certo que o tempo vai pasando. Si que é certo que o tempo acaba con todo. De min, xa non deixa nin o nome.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.