menu Menu
Francisco Castro achegará en Rianxo o 16 de xaneiro un concerto-recital de homenaxe a Castelao
Dentro dos actos organizados polo Concello de Rianxo
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Axenda en Xaneiro 16, 2026 0 Comentarios 1 min lectura
Francisco Castro presenta en Vigo o seu novo universo musical: Cantos de amor e revolución Anterior O Andrea Doria, o Titanic e nós Seguinte

No marco dos Actos Castelao 2026 impulsados polo Concello de Rianxo, que achegarán múltiples actividades culturais neste arrinque do ano, o Auditorio de Rianxo vai acoller o vindeiro venres 16 de xaneiro un concerto recital de homenaxe a cargo do músico e escritor Francisco Castro. Será a partir das 21.00 horas, con entrada de balde até completar a capacidade do Auditorio (a retirada de convites cómpre facela na billeteira dende unha hora antes do comezo do concerto).

Segundo informa nas redes o propio Francisco Castro, será o seu primeiro concerto do ano e “servirá de homenaxe, na súa terra, ao gran Alfonso Daniel Rodríguez Castelao”. O músico e escritor galego subirá ao escenario na compaña do percusionista Valerio Araujo e “xuntos faremos unha viaxe sonora pola miña música e por grandes temas da música galega, sempre con Castelao no corazón; será un concerto único e moi especial para reivindicar ao vello rianxeiro”.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar