menu Menu
Francisco Castro regresa a Cangas para presentar Eva tomando o sol
18 de setembro ás 20 horas na libraría Maraxe
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Axenda, Sala de prensa en Setembro 18, 2025 0 Comentarios 1 min lectura
O día en que as nais se ergueron Anterior Un asasino silencioso Seguinte

Catro meses despois de inaugurar o Ateneo Áreas Gordas cun concerto acústico en O Ghato de Mar, Francisco Castro volve a Cangas, esta vez para achegarse ao público exclusivamente na súa condición de escritor. O encontro será o xoves 18 ás 20:00 horas na Libraría Maraxe.

A novela Eva tomando o sol propón unha apaixonante historia de amor maduro, onde o desexo e a sensualidade non se agochan, senón que se reivindican como parte esencial da vida en calquera etapa. Se en García Márquez as relacións maduras se presentan cunha linguaxe máis simbólica e evocadora, en Castro a paixón aparece con toda a súa intensidade, explícita e sen complexos, convidando a reflexionar sobre a plenitude do pracer e a capacidade de amar máis alá da mocidade.

O Ateneo Áreas Gordas, organizador desta nova cita literaria, naceu recentemente co obxectivo de dinamizar a vida cultural de Cangas e de ofrecer un espazo plural onde teñan cabida a literatura, a filosofía, a música, a arte e o diálogo interxeracional. A súa vontade é apostar pola palabra, polo pensamento e pola creación compartida, facendo da cultura un punto de encontro vivo e transformador.

Con esta presentación, o Ateneo continúa a súa andaina poñendo o foco na literatura galega contemporánea e nos autores e autoras que, coma Francisco Castro, achegan novas miradas para entender o amor, a paixón e a propia condición humana.

A  nova completa, aquí.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar