menu Menú
GALICIA BILINGÜE: UN GRUPIÑO DE PALETOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 3, 2011 0 Comentarios 2 min lectura
SEGUNDA EDICIÓN PARA 'O SEGREDO DE MARCO POLO' Anterior DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Leonor á maneira do amor cortés' Siguiente

No Galicia Hoxe entrevistan este domingo a Eladio Santos, un músico galego que milita na música independente. Lin con grande interese a conversa na que, entre outras moitas cousas, se posiciona diante do asunto da lingua para sinalar unha obviedade que,  no fragor da batalla, se nos esquece decote: que os de Galicia Bilingüe son uns paletos.

Cando eu era neno, un dos insultos que máis me amolaban era que me chamasen paleto. O termo indicaba, como sigue referindo, no básico, que eras un inculto, un tipo con poucas luces, un ser eivado intelectualmente. Na miña infancia era unha palabra común que servía para aldraxar sen ningún xénero de dúbidas. Co paso do tempo o termo foi facéndose menos visible.

Quizais por iso hoxe me chamou tanto a atención ao atopalo no medio da conversa co músico citado. Porque me pareceu absolutamente ben acaído. En efecto: os de Galicia Bilingüe, primeiro de todo, son uns paletos. Porque non entender os beneficios que como seres humanos ten a aprendizaxe da lingua propia, é de paletos; porque machacar co argumento (?) de que non hai que aprender o galego senón o inglés, como se a aprendizaxe dun eliminase a posibilidade de aprender o outro, é de paletos.

Cando eu era neno metéronme dentro que cos paletos non se podía facer nada, que non pagaba a pena. Que para que. Non lles daba a cabeciña e daquela era mellor dedicarse a outra cousa. Que eran parvos tan parvos que a súa parvemia lles impedía entender calquera cousa que se lles explicase por simple ou obvia que fose. Por iso, na miña vida, en moitas ocasións, non entro a trapo diante de determinados comentarios dos paletos varios e variados que, coma todos, van aparecendo no meu camiño. Coido, como Nietzsche nos aprendeu, que hai que gardar o argumentario para quen sexa poderoso intelectualmente e mereza ese esforzo pola nosa parte.

De partirse as neuronas contra alguén, que ese alguén pague a pena.

E non é o caso destes odiadores. Son paletos. E da peor especie. Porque, ademais de non saber, non queren que os demais saiban nada.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar