menu Menú
GALICIA BIROLLA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 31, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
OS LECTORES SON XENTE VIOLENTA Anterior CRISES DE VERDADE Siguiente

Desde sempre sabemos que a realidade, como tal, non existe, e que o único verdadeiro é a maneira en que a ollamos.
Neste sentido, teño que dicir que a ollada que a xente de Galicia Bilingüe e ese tipo de colectivos teñen sobre a realidade sociolingüística do país é, cando menos, pervertida.
O esquizofrénico realmente cre que eses seres que so el ve, pois que si, que realmente existen.
O ciumento ve indicios de infidelidade por todas partes.
O desconfiado coida que todas as frases e acenos están pensados para mancalo.
Estes dos que falamos, tamén ven unha realidade que non é. E o peor é que a cren. Ou sexa, que cando din que hai nenos e nenas en Galicia que non aprenden castelán, pois o cren. E cando din que en Galicia o castelán está en perigo, pois tamén o cren. E cando din que aos castelanfalantes se lles discrimina, pois tamén o cren.
A súa ollada é pervertida. Son Galicia Birolla.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar