Que Cassandra Vera sexa condenada a un ano de cárcere por facer un chiste, ou mil, sobre Carrero Blanco, non pode ser certo. Ha de ser un chiste.
Que o concelleiro de Culturas de A Coruña, José Manuel Sande, estea imputado polo cartel de entroido (de entroido!!!) no que o Papa vai borracho conducindo, non pode ser certo. Ha de ser un chiste.
Que o rapaz da gala esa de Drag Queens canario estea sendo investigado pola fiscalía por sacar no seu espectáculo de entroido (de entroido!!!) referencias á relixión católica non pode ser certo. Ha de ser un chiste.
Porque se estamos no século XXI, nunha democracia avanzada, estas cousas non pasan. Seguro que non. Ha de ser un chiste.
Porque a censura era na época de Franco. Agora non hai, claro. Seguro que non. Ha de ser un chiste.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.