menu Menu
HAI 29 ANOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Decembro 10, 2009 0 Comentarios 2 min lectura
A BOA EDUCACIÓN (PLEASE, DON'T DISTURB) Anterior ¿QUE PERSONAXE LEVARÍAS A UNHA ILLA DESERTA? Seguinte

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/6GAHFrLAxzM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Tal día coma hoxe, pero de hai 29 anos, morría asasinado John Lennon. Eu tiña 14 anos, e lembro perfectamente como foi todo.

Por algunha razón, eu estaba na casa, durmindo. Probablemente, estabamos de folga os estudantes, ou os profesores. En calquera caso, lembro que, moi cedo, chamaron á porta. Era un meu amigo ao que abrín sen entender moi ben como era que aparecía tan de mañá un día de descanso. Abrille a porta e deume a nova: mataron a John Lennon.

Lembro a tristura enorme que me atacou. Súbeta. Violenta. Era un heroe para min. Segue a selo. Xa non con aquela paixón adolescente que leva a dar todo por bo. Non. Como músico. Nalgúns aspectos como persoa. Dende logo, como activista político. Non chorei diante del porque era un machote. Pero despois si.

E lembro como pasei os días seguintes mercando canta revista había sobre o asunto, os xornais. E maldicindo e maldicindo que algo así pasara. Cando os funerais, lembro que Yoko Ono pedira a todos os que o amaban, que meditaran cinco  minutos en silenzo. Tal fixen. Subín á cama, crucei as pernas e fiquei en absoluto silenzo. Un meu primo entrou na habitación e dixo algo así como este rapaz é parvo do cu.

Esta mañá, subindo a Gran Vía, moi cedo, nos meus auriculares soaba Imagine. Entre o ruído dos coches, o barullo dos autobuses e os martelos hidráulicos das obras, volvéronme as bágoas, 29 anos despois. Quen queira chamarme cursi que o faga. Abaixo, na sección de comentarios. Pero volvín verquer bágoas esta maña.

O que non sei é se choraba por John Lennon ou por aquel adolescente que, hai case que tres décadas, choraba cheo de carraxe pola morte de Lennon.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar