menu Menu
HAI 40 ANOS. A VODA. A CANCIÓN. A NOSTALXIA.
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 20, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
APRENDER MÁIS QUE NOS LIBROS DE TEXTO Anterior SEGREGACIÓN E RACISMO Seguinte


Xa recoñecín moitas veces que son un nostálixo algo parveirón, porque teño nostalxia dunha época que non vivín pero que gustaría de ter vivido, e que teño tan estudada, tan lida, tan escoitada, que parece como que si que a vivín. Aínda que si, en fin, si, en sentido estricto si, mais era un bebé, e xa que logo non me enterei de moito: os hipis, o flower power, give peace a chance, california dreaming… todo iso.
De feito, éntranme ás veces ganas de crer na reencarnación, ou nas viaxes no tempo, para ir cara atrás, cara ese instante sesentón no que, contan, ser persoa aínda implicaba ter soños e ganas de cumprilos.
Ese é o motivo polo que traio hoxe esta imaxe de John e Yoko, and friends, cantando Give peace a chance. Porque tal día coma hoxe casaban estes dous toliños para acto seguido, como se pode ver no video, meterse na cama durante unha semana para chamar a atención do mundo sobre a posibilidade de vivirmos en paz.
Pasados 40 anos, a mensaxe segue intacta. Coma a miña melancolía aparvada.
Hoxe entro nesa habitación para cantar con eles.
E con vós, se tendes ganas.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar