menu Menu
¿HAI LITERATURA PARA HOMES E LITERATURA PARA MULLERES?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 8, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
MÁIS DE 2000 MILLÓNS PARA DEFENSA. SÓ 800 PARA CULTURA Anterior UNHA ANÉCDOTA REVELADORA DO EFECTO DESGALEGUIZADOR DO ENSINO Seguinte

Barbie e ken

Onte, nunha librería de Vigo, cando estaba pagando, entrou un rapaz pedindo axuda ao libreiro para mercar un libro. Cito textualmente: “de algún autor bueno, que venda mucho, que saliera hace poco”.

Sempre me pareceu impresionante que os libreiros sexan capaces de aconsellar a todo o mundo, incluso aos que veñen con semellante e difusa información.

Cando xa me dispuña a saír pola porta, a pregunta do dependente fíxome pensar:

– ¿Es para un hombre o una mujer?

Saín á friaxe viguesa preguntándome se existe unha literatura para homes e unha literatura para mulleres.

Agardo pola vosa resposta.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar