menu Menu
HAI UN MAR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 5, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
PREMIO PARA CORREDORES DE SOMBRA Anterior ¿SUPERVIVENCIA OU SUICIDIO? Seguinte


Vén de sair a revista Ave Fénix que, con todo o mérito do mundo, editan os Axentes de Saúde do cárcere de Monterroso. En castelán e para toda España, nesta ocasión tiveron a xenerosidade de entrevistarme. Pedíronme un poema que escribín para eles ( e pensando neles ) e que, na revista, saiu nas dúas linguas.
Aquí, o orixinal galego:
Hai un mar
agardando por nós
por ti e por min
por todos os navegantes e por todos
os náufragos.
Un mar grande, pirata
libertario e esnaquizador de derrotas.
Inmenso coma a liberdade
turra do corazón dos nenos
esas almas de peixe.
Hai un mar
quentando as nubes
dando de comar aos poetas
salferindo de horizontes probables
aos namorados e aos esquecidos.
Un mar grande
de saliva e sal azul
de cavernas e luces abisais só intuídas.
É o mar da liberdade
meu amigo
¿aínda non o escoitas?


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar