menu Menu
HARRY POTTER E AS RELIQUIAS DA MORTE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 20, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
AS CARAS DO LIBRO GALEGO Anterior A CENSURA É INTOLERABLE Seguinte


Hoxe a prensa informa de que a versión en galego do último Harry Potter estará ao mesmo tempo dispoñible en galego que en castelán e catalá. A data de saída é o vindeiro 21 de Febreiro. Será, como os outros da saga, da man de Galaxia.
Esta é unha nova importantísima, porque os lectores galegos das historias do neno-mago, en galego, unha vez que xa leron as que estaban editadas, tiñan que optar por seguir a historia en castelán.
Un dos méritos das sagas é que enganchan e que un non pode deixar de ler e de ler e de ler. Un namora deses personaxes e quere sabelo todo. Eu mesmo vin nenos collendo o libro en inglés nas librerías de Vigo para tentar descifrar o que dicían as últimas liñas e saber así o que o destino lles deparaba a Harry, Ron e os demais.
Na liña do que o outro día celebrabamos, esta, a de hoxe, é unha nova boísima.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar