menu Menú
HIMNOS, FLAMENCOS. MELLOR: ANDRÉS DO BARRO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 22, 2006 0 Comentarios 1 min lectura
¿E TI QUE PERSONAXE ES? ( XOGO DE NADAL) Anterior UN SÍNTOMA DE NORMALIDADE Siguiente

Vin a interpretación aflamencada do Himno Galego que ten á presidenta do Parlamento e aos do Bloque rifando e chamándose de todo.
Pareceume sublime. Sentida. Ben cantada. Emocionante.
Pareceume inoportuna. Absurda. Impropia. Alucinante.
Non era o lugar.
En calquera outro contexto, quizais si. Jimmy Hendrix fíxoo en Woodstock co dos Estados Unidos.
O que queda agora é unha rifa monumental e á transmisión ao resto do Estado de que os galegos, cando non están a discutir sobre fusos horarios bérranse sobre asuntos flamencos.
Eu prefiro lembrar, xa que de música falamos, que tal día coma hoxe, hai 16 anos, morreu Andrés do Barro. Que cantou en galego en épocas tristeiras.
¿A que espera a Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras Galegas?


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar