menu Menú
HIPOCRISÍA DIANTE DO TREMOR EN HAITÍ
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 15, 2010 0 Comentarios 2 min lectura
QUERO COMO EN CATALUÑA Anterior HOMES LENDO, MULLERES LENDO Siguiente

terremoto-en-haiti

Hoxe tirei moi cedo para Compostela pola AP-9, como fago todas as semanas unha ou dúas veces cando menos. Tentei fuxir das novas sobre o tremor de terra en Haití. Incluso na radio tiña a sensación de que se centraban máis no espectáculo («Puerto Príncipe huele a cadáver», dixo a enviada da SER) que en explicar de verdade o que alí pasou (que non é sen máis un tremor de terra brutal, senón que as consecuencias son tan terribles, en parte, polo noso desleixo fronte deles e por non axudalos cando cumpría. Se todos eses cartos que agora están a enviar se enviasen antes, igual os edificios estaban mellor construídos, igual os servizos sanitarios eran coma os nosos, igual agora estabamos a falar, sen dúbidas, dunha traxedia moito máis cativa. Pero, claro, diso, os medios de comunicación non falan). Decidín que ía poñer a música a todo trapo. E a cantar cos Beatles.

Mais movendo o dial de súpeto oín esta expresión: «xa se está formando o Comité de Reconstrucción». E daquela xa amarguei o resto da viaxe. Porque a anterior vez que escoitara esa expresión era cando a Guerra de Iraq comezaba, e algún político noso dixo aquilo de que «hai importantes beneficios para as empresas que teñan que reconstruír o país», e Michael Moore fixo un documental estarrecedor no que os empresarios da construcción e doutros sectores rían de felicidade impúdica explicando a de cartos que ía haber unha vez que a guerra rematase e se repartisen os contratos para facer de novo edificios varios.

Conclusión: este home branco non ten amaño. A súa hipocrisía non ten límites e semella, incluso, a proba de calquera clase de tremor.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar