menu Menú
HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 1
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 7, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
COLUMNAS DE LIBROS, E LIBROS, E LIBROS, E... Anterior RECITAL POÉTICO NA CASA GALEGA DA CULTURA DE VIGO Siguiente


Hoxe polo serán fun a un centro comercial mercar cousiñas domésticas. Ía tan feliz co meu carriño baleiro cando fun abordado por unha moza de bata branca, ollos tremendamente azuis e un sorriso cativador.
– ¿Tienes un minuto?
Non me deu tempo a contestar o que sempre digo nestas ocasións, ou sexa, «non, grazas», pois non me interesan tarxetas de crédito novas, nin seguros novos, nin felicidade previo pago de ningunha clase.
– Verás, es que nuestra clínica oftalmológica tiene una promoción especial para operar de miopía a menores de 35 años con láser y…
Daquela, interrompina.
– Pero eu teño 42. Non son tan novo.
A moza de bata branca, ollos tremendamente azuis e sorriso cativador olloume, e dixo:
– Imposible. Juraría que no llegabas a los 35.
Marchei contentísimo. Disposto a deixarme operar de miopía, cambiar de gafas ou, mesmo, poñer lentillas.
Aínda que, probablemente, quen precisaba gafas ou lentillas era ela.
Miña santiña…


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar