menu Menú
HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 10
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en octubre 29, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
EIRADO Anterior FIRMEZA NA REIVINDICACIÓN DOS NOSOS DEREITOS LINGÜÍSTICOS. ENTREMOS EN CAMPAÑA Siguiente

supermanEsta mañá, a iso das 8.30 subía, como todos os días, a Gran Vía de Vigo cos auriculares postos e escoitando un informativo local. Daquela, deron unha nova relacionada co meu concello, que seica non ía apoiar unha certa e moi solidaria iniciativa cidadá. Para dentro botei unha maldición dirixida a toda a administración local. Preguei o cello e fitei intensamente para un cartel iluminado que o concello puxo para loar as súas propias bondades en plan ‘Cidade que recicla’ e cousas así.

Para a miña sorpresa, fundiuse de repente o cartel e quedou sen luz, como se eu, cos meus superpoderes xerados sen dúbida pola carraxe, coa miña ollada dinamiteira, viñera de estragalo.

Seguín camiñando entendendo o que pasara. Eran as 8.30. O tempo no que se produce o apagado automático de todas as luces da cidade.

Traballei e, arredor das tres da tarde, cando marchaba para casa, pasei de novo por diante do cartel. Dous operarios municipais suaban coma porquiños fedellando no interior do xa non iluminado trebello electrónico, cun mollo de ferramentas despregado, como se estivesen a operalo a corazón aberto, e o desgusto debuxado na cara.

Cando pasei polo seu carón, un deles dicía así:

– Coño, nin que lle botaran un meigallo. Aínda hoxe puxeramos as luces novas. Non entendo como foi que se fundiron todas de golpe.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar