Hoxe contra o medio día, co gallo do acontecemento, camiñaba cara a pastelería do barrio para mercar unha rosca de nata. Ao saír do patio onde está o noso edificio e saír á rúa, vin un grupo enorme de xente preto dunha porta dun dos meus veciños.
Pensei: alguén morreu. Que de xente aí xunta.
Cando me acheguei a eles ( tiña que pasar polo medio se quería ir á confeitería ) vin que todos se bicaban, sorrindo, dábanse bicos e bicos e apertas.
Obviamente, non era unha morte.
Merquei a rosca de nata e dei a volta. Para a miña sorpresa, cando cheguei de novo á miña rúa, alí seguían. E, de verdade, seguían igual, bicándose, apertándose, dándose palmetadas nas costas.
Atónito, entrei na casa convencido de que, ou ben lles tocara a Primitiva, ou ben eran membros dunha secta, ou quizais ( esta é a que máis me gusta ), viñan de comezar algunha forma húmida de revolución.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.