menu Menú
HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 6
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 20, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
PREOCUPADO E DECEPCIONADO Anterior MAÑÁ TODO VOLTARÁ Á NORMALIDADE Siguiente


Pola mañá, nunha desas conversas insulsas das que temos un cento ao día cando atopas un veciño e te ves obrigado a estar un chisco con el (conversa de ascensor, concretamente ), el quixo saber a miña idade. Corenta e dous, respondín. O seu comentario posterior foi: en fin, estás na metade da vida.
Marchei para o traballo medio deprimido. Carafio, a metade da vida.
Polo serán, xa na casa, lin nunha revista que ao sol quedábanlle aínda uns cantos centos de miles de anos. No artigo dicíase que estaba na metade da vida.
Sorrín e pensei: pois agora é cando máis loce.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar