menu Menú
HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 8
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 19, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
¿POR QUE RECIBEN SUBVENCIÓNS OS XORNAIS GALEGOS? Anterior CAMBIO DE DÍA PARA 'LA CANCIÓN DEL NÁUFRAGO' Siguiente

felicidade

Hoxe, cando saía do súper do barrio, absolutamente cargado e baixo dun sol pesadísimo, un tipo baixou dun coche. Con acento de fóra preguntoume como ir cara Ourense. Pousei as bolsas para explicarlle que era doado. De feito, estaba practicamente ao carón da entrada da autovía. Deume as grazas e, con grande esforzo, collín de novo as bolsas.

Non me deu tempo a dar nin dous pasos cando unha señora me preguntou por un número da rúa na que estaba. Pousei as bolsas para explicarlle que estaba moi preto. Todo recto por esta beirrarúa e contra da metade. Deume as grazas e, con grande esforzo, recollín de novo as bolsas.

Decidido xa a apurar para chegar á casa e soltar todo aquel lastre que estaba a esgazar as miñas xa retortas costas, achegóuseme unha rapaza fermosísima, sorrindo.

– Seica ti sabes onde está todo.

Soltei as bolsas, alucinado, pampo. En realidade, cortadísimo.

Non contestei pois foi ela quen seguíu falando:

– Daquela igual sabes por onde se vai á felicidade.

O silenzo foi todo o que conseguín pronunciar. O silenzo e agasallarlle cunha absurda, imaxino, cara de parvo.

Marchou, claro. Eu recollín as bolsas. O sol decidiu subir, porque si e para castigarme, dez ou quince graos.

Achegueime a casa preguntándome por que non tería ido con ela da man.

Igual ela si que sabía todo.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar