Esta mañá, ao mercar o xornal, atopei esta nova:
‘Peter Pan’, ‘Blancanieves’ y ‘Cenicienta’, detenidos en EE UU por altercados.
Xa non pasei do titular.
É a confirmación de que non hai barreiras entre a ficción e a realidade. Tres personaxes que eu coidaba da literatura, tal e como viña redactado ese titular, seica existían de verdade e quizais era por iso polo que os detiña a policía.
Pechei o periódico, moi afectado. De súpeto, notei que algo cruxía debaixo do meu pé dereito.
Era un noxento becho.
Corrín a refuxiarme correndo na casa: ¿e se era Gregor Samsa?
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.